Vídeo co resumo da información sobre as espirais no universo feito en primeiro.
Bitácora sobre o traballo dos proxectos integrados do CEIP Manuel Rodríguez Sinde (A Guarda)
martes, 24 de maio de 2016
martes, 26 de abril de 2016
7ª FASE: METODOLOXÍA
A metodoloxía que escollemos para este proxecto baséase nos seguintes principios:
- Partir do nivel de desenrolo dos alumnos.
- Potenciar as aprendizaxes significativas.
- Promover o traballo cooperativo.
- Atender as características e necesidades individuais dos alumnos.
- Xogo.
Nesta ocasión formamos parellas encargadas de investigar os 6 grandes bloques que queremos saber sobre os camaleóns:
Grupo 1: Leo e Antía J. investigan o comportamento.
Grupo 2: Carolina e Noa investigan as súas características máis peculiares.
Grupo 3: Ingrid e Angelo buscarán que comen.
Grupo 4: Icía e Victor encárganse de buscar onde viven.
Grupo 5: Javier e Nicolas traballan sobre as partes do seu corpo e do esqueleto.
Grupo 6: Antía F. e Aitor investigan como nacen.
6ª FASE: PROGRAMACIÓN
Segundo
os intereses dos nenos/as, o material recompilado e o que queremos
aprender, agora tócalle a profe programar os obxectivos, contidos,
actividades e criterios de avaliación. Aquí están:
OBXECTIVOS:
- Coñecer o hábitat, a alimentación e o comportamento do camaleón.
- Coñecer a importancia da súa conservación.
- Mostrar interesarse polas razón do cambio de cor destes animais.
- Coñecer as características da lingua e dos ollos dos camaleóns.
- Identificar as partes do corpo e do esqueleto dos camaleóns.
- Coñecer a razón polo que se lles chama “leóns de terra”.
- Adquirir algunhas nocións espazo-temporais.
- Fomentar a creatividade, imaxinación e diversión, a través de actividades plásticas sobre camaleóns.
- Participar en actividades de expresión oral e escrita relacionadas co tema.
- Resolver problemas matemáticos cotiáns e desenvolver conceptos básicos de numeración.
- Adquirir habilidades para a búsqueda e tratamento da información na biblioteca, na rede e noutros medios.
- Aprender e valorar algunhas normas de convivencia.
- Aprender e utilizar vocabulario relacionado cos camaleóns e descubrir a utilidade da lectura e escritura como medios de comunicación e expresión.
- Valorar o traballo en pequenos grupos cara a consecución dun obxectivo común.
CONTIDOS:
|
ACTIVIDADES:
- Localizar as zonas onde viven os camaleóns.
- Debuxar camaleóns.
- Sinalar as características principais do camaleón: o cambio de cor, a lingua longa e os ollos.
- Deseñar un libro coa información recompilada.
- Facer unha montaxe de vídeo coa información aprendida a partir de todo o aprendido.
- Disfrazámonos de camaleóns.
- Escoitamos contos e cancións de camaleóns.
- Decoración do aula utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas.
- Elaboración dun mural expositor e creación do Recuncho dos camaleóns.
- Seleccionar e clasificar o material aportado pola familia.
- Realizar fichas relacionadas co proxecto.
- Analizar as súas características: como nacen, que comen, onde viven,...
CRITERIOS:
- Utiliza a expresión oral e escrita para participar en diálogos, crear textos, expresar sentimentos,…
- Recoñece e entende as principais características, formas de comportamento, hábitat,… dos camaleóns.
- Participou na decoración da aula utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas e na creación do recuncho dos camaleóns.
- Mostra interese polo coñecemento de cancións, contos e adiviñas nos que aparecen camaleóns.
- Utiliza as diferentes formas de expresión para a comunicación dos resultados da investigacións a realización de fichas.
- Participaron as familias nas actividades propostas para o proxecto.
5º FASE: AMBIENTACIÓN
Pouco a pouco a nosa clase vai collendo cor. Con todo o material que imos traendo da casa e co que facemos no cole, ambientamos a nosa entrada e a clase. Todo isto dará paso á clasificación de material e a remcopilación de información.
Murais aportados polos alumnos/as:


A nosa porta:

Mural colectivo con materiais aportados polos nenos/as:
Murais aportados polos alumnos/as:
A nosa porta:
Mural colectivo con materiais aportados polos nenos/as:
martes, 19 de abril de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
