luns, 1 de xullo de 2019

TERRA VITA

Estamos a piques de despedir o proxecto Terra Vita e as nenas e nenos do cole estiveron reflexionando sobre o significado deste acróstico:
"Tolerancia, Educación, Respecto, Responsabilidade, hAbilidade, Vitalidade,  Inclusión, Talento, Acción" . 
Aquí tedes unha selección dos debuxos que fixeron para representar  TERRA VITA, agardamos que vos gusten tanto coma a nós.

Grazas a todas e todos polo voso traballo ao longo destes dous anos.



martes, 25 de xuño de 2019

xoves, 30 de maio de 2019

VISITA Á ESCOLA "TRAIN DEMETRESCU" DE ROMANÍA

Se queredes saber algo máis das/os nosas/os amigos da escola de educación infantil "Traian Demetrescu" de Romanía non vos perdades este vídeo resumo da visita ao seu centro de dúas das nosas mestras. 

 

 

mércores, 15 de maio de 2019

martes, 23 de abril de 2019

PLANTAS DA NOSA CONTORNA

As rapazas e rapaces de sexto estivemos investigando sobre as distintas plantas que podemos atopar nesta zona. Decidimos facer unha selección e escollemos as tres que máis nos interesaban e averiguar máis sobre elas. 

Aquí podedes ver algunhas fotos dos traballos que fixemos.

                           




Se queredes saber máis sobre estas plantas botádelle un ollo ás presentacións tan chulas que fixemos.

                                                               

                                                              

                                                             

luns, 22 de abril de 2019

DÍA DA TERRA

Hoxe 22 de abril celébrase o Día Mundial da Terra, un día que nos invita a  reflexionar sobre a necesidade de protexer o medio ambiente e sobre o respecto e bo uso dos recursos naturais. 

Por ese motivo este ano decidimos utilizar material de refugallo para elaborar os nosos disfraces de Entroido. Para velos preme AQUÍ.


luns, 15 de abril de 2019

PLANTAS DA NOSA CONTORNA

As nenas e nenos de 6º de Educación Infantil estivemos investigando sobre as plantas da nosa contorna.
Aquí podedes ver un resumo de todo o que fixemos.

                                                     
Botádelle un ollo ao herbacedario que fixemos entre todos.
  
     
                     
                    
                   

PLANTAS DA NOSA CONTORNA

As nenas e nenos de terceiro estivemos facendo un herbario con plantas da nosa contorna. Aquí podedes atopar un vídeo cunha chea de información. Agardamos que vos guste e que descubrades algo novo sobre estas plantas.


mércores, 27 de marzo de 2019

COMO COIDAR DOS ANIMAIS EN INVERNO

AS NENAS E NENOS DE QUINTO ESTIVEMOS TRABALLANDO CO ALUMNADO DE QUINTO DE  EDUCACIÓN INFANTIL SOBRE A IMPORTANCIA DE COIDAR O MEDIO AMBIENTE PARA PROTEXER AOS ANIMAIS. AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA DO TRABALLO QUE REALIZAMOS CONXUNTAMENTE.


martes, 12 de marzo de 2019

martes, 19 de febreiro de 2019

AS PLANTAS DA NOSA CONTORNA

Se queredes saber máis sobre prantas e natureza, en BiblioSinde podedes atopar unha morea de libros nos que atopar información.



O SINDE RECICLA


COA VOSA AXUDA CONSEGUIMOS RETIRAR 163,1 KILOS DE PILAS.
 MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!!

COIDAMOS OS ANIMAIS EN INVERNO




Á aula de segundo de Primaria viñeron algunhas familias a presentarnos as súas mascotas e así aproveitamos para coñecer mellor os animais e os coidados que precisan. A continuación tedes un vídeo de resumo da actividade:



luns, 4 de febreiro de 2019

CAZADORES CON CÁMARAS

Aquí están as fotos do outono tan chulas que nos enviáchedes sobre os vosos recunchos favoritos de A Guarda. Agardamos as vosas fotos do inverno!
Para ver as fotos preme aquí.

COIDAMOS DOS ANIMAIS EN INVERNO

As nenas e nenos de 5º de educación infantil estivemos investigando como podemos coidar dos animais, aquí podedes ver o noso traballo.


xoves, 24 de xaneiro de 2019

COMO COIDAR OS ANIMAIS EN INVERNO

O alumndo de 2º de primaria comparte cos seus compañeiros/as as súas mascotas,o seu coidado, alimentación,costumes etc.,e poñen en práctica os coñecementos adquiridos sobre o reino animal en ciencias naturais.

Aquí deixamos as fotos das visitas das familias para falarnos das súas mascotas.





  



 

 

mércores, 2 de xaneiro de 2019

O SINDE RECICLA

Chegou o Nadal ao Sinde!!! 

Este ano propuxémosvos decorar o centro con adornos feitos con materiais de refugallo. O resultado foi espectacular! 
Grazas a todas e todos pola vosa colaboración.
Aquí podedes ver os adornos tan chulos que fixéchedes.