luns, 1 de xullo de 2019

TERRA VITA

Estamos a piques de despedir o proxecto Terra Vita e as nenas e nenos do cole estiveron reflexionando sobre o significado deste acróstico:
"Tolerancia, Educación, Respecto, Responsabilidade, hAbilidade, Vitalidade,  Inclusión, Talento, Acción" . 
Aquí tedes unha selección dos debuxos que fixeron para representar  TERRA VITA, agardamos que vos gusten tanto coma a nós.

Grazas a todas e todos polo voso traballo ao longo destes dous anos.