martes, 26 de abril de 2016

6ª FASE: PROGRAMACIÓN

Segundo os intereses dos nenos/as, o material recompilado e o que queremos aprender, agora tócalle a profe programar os obxectivos, contidos, actividades e criterios de avaliación. Aquí están:

OBXECTIVOS:   
  • Coñecer o hábitat, a alimentación e o comportamento do camaleón.
  • Coñecer a importancia da súa conservación. 
  • Mostrar interesarse polas razón do cambio de cor destes animais. 
  • Coñecer as características da lingua e dos ollos dos camaleóns. 
  • Identificar as partes do corpo e do esqueleto dos camaleóns.
  • Coñecer a razón polo que se lles chama “leóns de terra”. 
  • Adquirir algunhas nocións espazo-temporais. 
  • Fomentar a creatividade, imaxinación e diversión, a través de actividades plásticas sobre camaleóns. 
  • Participar en actividades de expresión oral e escrita relacionadas co tema. 
  • Resolver problemas matemáticos cotiáns e desenvolver conceptos básicos de numeración. 
  • Adquirir habilidades para a búsqueda e tratamento da información na biblioteca, na rede e noutros medios.
  • Aprender e valorar algunhas normas de convivencia. 
  • Aprender e utilizar vocabulario relacionado cos camaleóns e descubrir a utilidade da lectura e escritura como medios de comunicación e expresión. 
  • Valorar o traballo en pequenos grupos cara a consecución dun obxectivo común.
 CONTIDOS:
  • O camaleón e as súas características físicas. 
  • Hábitat, alimentación e hábitos do camaleón. 
  • Comportamento e especies máis comúns.
  • Realización de murais e montaxes audiovisuais a partir da información recompilada. 
  • Discriminación dos elementos que provocan o cambio de cor nos camaleóns. 
  • Disfrute nas actividades grupais e individuais relacionadas co tema. 
  • Participación en actividades e xogos simbólicos, orais e escritos. 
  • Utilización do vocabulario adecuado relacionado cos camaleóns. 
  • Elaboración da decoración do aula utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas e creación dun recuncho sobre os camaleóns. 
  • Reprodución e dramatización de cancións, poesías e adiviñas de camaleóns. 
  • Utilización de diferentes formas de expresión (plástica, musical, escrita, dixitais) para a comunicación dos resultados da investigación e a realización de fichas. 
ACTIVIDADES:
  • Localizar as zonas onde viven os camaleóns. 
  • Debuxar camaleóns. 
  • Sinalar as características principais do camaleón: o cambio de cor, a lingua longa e os ollos. 
  • Deseñar un libro coa información recompilada.
  • Facer unha montaxe de vídeo coa información aprendida a partir de todo o aprendido.
  • Disfrazámonos de camaleóns. 
  • Escoitamos contos e cancións de camaleóns. 
  • Decoración do aula utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas. 
  • Elaboración dun mural expositor e creación do Recuncho dos camaleóns. 
  • Seleccionar e clasificar o material aportado pola familia. 
  • Realizar fichas relacionadas co proxecto.  
  • Analizar as súas características: como nacen, que comen, onde viven,...
CRITERIOS:
  • Utiliza a expresión oral e escrita para participar en diálogos, crear textos, expresar sentimentos,… 
  • Recoñece e entende as principais características, formas de comportamento, hábitat,… dos camaleóns.
  • Participou na decoración da aula utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas e na creación do recuncho dos camaleóns. 
  • Mostra interese polo coñecemento de cancións, contos e adiviñas nos que aparecen camaleóns. 
  • Utiliza as diferentes formas de expresión para a comunicación dos resultados da investigacións a realización de fichas. 
  • Participaron as familias nas actividades propostas para o proxecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario