domingo, 9 de decembro de 2018

FROITAS DO OUTONO

Se queredes  ver as actividades sobre o tema "Froitas do Outono na mesa de cada familia" que as nosas amigas e amigos da escola "Pchelitsa" de Kazanlak fixeron, premede no seguinte enlace. 
FROITOS DO OUTONO

mércores, 28 de novembro de 2018

O SINDE RECICLA



Se queres saber máis sobre este concurso preme nesta ligazón para acceder á páxina web desta iniciativa. PILABOT

Aquí vos deixamos un vídeo no que podedes ver como se reciclan as pilas.                                         

luns, 26 de novembro de 2018

FROITOS DO OUTONO

As nenas e nenos de 3 anos pasámolo moi ben averiguando cousas sobre o outono e ademais aprendemos MOITO!! 



xoves, 22 de novembro de 2018

FROITOS DO OUTONO

As nenas e nenos de cuarto estivemos traballando sobre un dos froitos do outono máis saborosos e festeiros. Aquí podedes ver canto desfrutamos  investigando sobre a castaña.









xoves, 25 de outubro de 2018

venres, 12 de outubro de 2018

AS PLANTAS DA NOSA CONTORNA

Ademais de pasalo ben na nosa visita ao Monte Aloia, tamén trouxemos moitas cousas. Alí recollemos sementes, froitos e follas. Aquí tedes algunhas fotos nas que podedes ver todo o que  trouxemos. 





martes, 9 de outubro de 2018

FROITOS DO OUTONO

As nenas e nenos de 3º e 4º  fomos ao Monte Aloia á procura de información sobre as árbores en outono e para recoller follas. 








FROITOS DO OTONO

Xa chegou o outono a Terra Vita!! En BiblioSinde podedes atopar unha chea de contos sobre esta estación.



mércores, 19 de setembro de 2018

VOLVE TERRA VITA!!!!

Este ano imos continuar investigando e aprendendo sobre a natureza. E para comezar, temos unha actividade na que imos convertirnos en cazadores... pero de imaxes, "Cazadores/as con Cámaras".  Así que xa sabes, ármate coa túa cámara ou móbil e sae pola vila á caza do teu recuncho favorito. 

Agardamos as túas imaxes!




luns, 3 de setembro de 2018

PUBLICACIÓN SOBRE O PROXECTO TERRA VITA NOS MEDIOS

Aquí tendes algúns enlaces nos que se publicaron  algunhas novas relacionadas co proxecto Terra Vita e ca visita ao centro das mestras e mestre das escolas socias.

INFOMIÑO- PREPARACIÓN VISITA 

INFOMIÑO-VISITA MESTRAS/ES

TELEMARIÑAS- VISITA MESTRAS/ES

CONCELLO DE A GUARDA-RECEPCIÓN CO ALCALDE E A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN 


Tamén se fixeron varias publicacións no xornal O Faro de Vigo, na sección A Escola do Faro.





AIRE, O MAGO INVISIBLE

Aquí tendes unha pequena mostra do traballo que fixeron sobre o aire na escola de educación infantil de Jasien´, Polonia.



                                                                             

venres, 15 de xuño de 2018

AIRE, O MAGO INVISIBLE

As alumnas e alumnos de sexto estivemos investigando sobre a contaminación do aire e as súas consecuencias. Que podemos facer para loitar contra a contaminación? 

Botádelle un ollo ás nosas propostas. 



domingo, 10 de xuño de 2018

AIRE, O MAGO INVISIBLE

As nenas e nenos de primeiro tamén investigamos sobre o aire. Mirade as actividades tan interesantes que fixemos.

xoves, 31 de maio de 2018

AIRE, O MAGO INVISIBLE

As nenas e nenos de Infantil divertímonos moito investigando sobre o aire. Aquí tendes algunhas das actividades tan chulas que fixemos. 

 



TERRA, A NAI DA VIDA

As nosas amigas e amigos de Jasien tamén estiveron investigando sobre a Terra, botádelle un ollo as actividades que fixeron.






TERRA, A NAI DA VIDA

Os nenos e nenas de 5º de Infantil descubrimos moitas cousas sobre o importante que é coidar a Terra . Aquí vos deixamos un resumo das tarefas que fixemos.



xoves, 17 de maio de 2018

TERRA, A NAI DA VIDA

As rapazas e rapaces de terceiro estivemos investigando sobre a terra, botádelle un ollo ás tarefas tan chulas que fixemos. 

TERRA, A NAI DA VIDA

Os alumnos e alumnas de cuarto xa rematamos o traballo sobre a Terra, botádelle un ollo ao resumo das tarefas que fixemos.



LUME, O SEÑOR EN LAPAS

Dende a escola de infantil " Traian Demetrescu" chegáronnos estas tarefas sobre o lume. 

LUME, O SEÑOR EN LAPAS

As nenas e nenos da escola Mecho Pooh de Bulgaria estiveron investigando sobre o lume. Aquí podedes ver as tarefas que fixeron. 

domingo, 15 de abril de 2018

TERRA, A NAI DA VIDA

Os alumnos e alumnas de cuarto estamos traballando sobre a Terra. Aquí podedes ver a maqueta da Terra que fixemos. 

LUME O SEÑOR EN LAPAS


Se queredes ver as tarefas feitas polas nenas e nenos da escola de infantil Pchelitsa, premede AQUÍ.

venres, 9 de marzo de 2018

LUME, O SEÑOR EN LAPAS

Mirade que actividades tan divertidas fixeron as alumnas e alumnos da escola Josip Matos de Vukovar.





martes, 6 de marzo de 2018

MARTISOR


As nosas amigas e amigos de Craiova enviáronnos este agasallo para celebrar a festividade de Martisor, que celebran o 1 de marzo.




Esta tradición romanesa celebra a primavera, a natureza, a alegría e a vitoria do ben sobre o mal.
Nesta data recíbense pequenos agasallos, atados cun cordón branco e vermello, que traen sorte, benestar e saúde.  

Se queres saber máis sobre a lenda desta festividade segue lendo.... 

      Cada ano a festa do 1 de Marzo tráenos renovadas esperanzas, confianza, fe na boa fortuna e unha próspera vida. Son a vida, a primavera e o brillo do sol os que ganan a batalla contra o tempo frío, ceos cubertos e os duros días do Babe ( os nove primeiros días de marzo) . O triunfo do renacemento e rexeneración non podía ser mellor encarnado que co Martisor ( un adorno, amuleto de marzo) que se ofrece a aqueles que amamos a principios da primavera.
       O cordón branco e vermello deste amuleto ( unha moeda ou tamén unha monetaria moneta) que os pais tradicionalmente ataban arredor dos pulsos dos seus fillos e fillas, os mozos ofrecíanllo ás mozas e as mozas adoitaban intercambialos, xa que se cría que traía boa sorte e boa saúde ” como prata pura, como a pedra do ría, como a cuncha mariña”.
      O Martisor ofrécese pola mañá cedo no primeiro día de marzo e lévase durante 9-12 días, a veces, ata que a primeira árbore florece momento no que colga dunha rama florecente para traer boa sorte ao seu posuidor.
     En Dobrogea, o Martisor levábase ata a chegada das brancas cegoñas cando se lanza ao ceo para traer “gran e alada fortuna” ao seu posuidor.
    O Martisor era un regalo que os romaneses se enviaban uns aos outros no primeiro día de marzo, tradicionalmente unha moeda de ouro suspendida nun cordón trenzado branco e vermello, cunha borla de seda. O receptor normalmente levábao arredor do pescozo ata que vira unha rosa florecer e entón o regalo pousaríase na súa rama, deste xeito dábaselle a benvida á primavera poeticamente. A moeda simbolizaba a prosperidade, o branco e vermello do cordel, unha metáfora da cara dunha persoa “branca como un lirio e rosada como unha rosa”.
       Nas aldeas de Transilvania, O Martisor de fío de la branca e vermella colocábase en portas, ventás , currais das ovellas, atados arredor dos cornos do gando, nas asas dos caldeiros, para protexer do mal de ollo e espíritos malignos; críase que o vermello “ a cor da vida” podía ser un indutor de vitalidade e rexeneración.
   Na tradición das vilas das montañas dos Cárpatos, o Martisor coñecíase como Drogobete, o tempo do ano no que as mozas lavaban a cara en “auga de neve” para conseguir que fose “ limpa, fermosa e branca como a neve”
       En Bihor a xente do pobo cría que a a auga da chuvia recollida o 1 de marzo, e durante os nove días do Babe che farían máis fermoso e saudable, mentras que en Banat era unha costume para as mozas recoller auga e neve das follas de bagas silvestres e lavala cara cunhas pálabras máxicas de Drogobete para o amor:

Flor da baga salvaxe de marzo. Faime querida para alguén, aparta de min calquera mal.

A lenda do Martisor
      Houbo unha vez un tempo na que o Sol adoitaba tomala forma dun home xove e descendía á Terra para bailar entre o pobo.
    Un dragón descubriu isto e seguiu ao Sol na Terra, capturouno e confinouno nun calabozo no seu castelo.
      Un día un valente mozo partiu para atopar o calabozo e liberar ao Sol. Moita xente se lle uniu e deulle forza e coraxe para desafiar ao poderoso dragón.
    A viaxe durou tres estacións: verán, outono e inverno. Ao final da terceira estación o valente mozo puido finalmente chegar ao castelo do dragón onde o Sol se atopaba prisioneiro. A loita durou varios días ata que o dragón foi vencido. Inda que debilitado polas súas feridas o afoutado mozo conseguiu liberar ao Sol para alegría daqueles que creran nel.
     A natureza estaba viva de novo, a xente recuperou o seu sorriso, pero o valente mozo non puido superala primavera. A súa sangue morna caía das feridas sobre a neve. Coa neve derreténdose, flores brancas chamadas campaíñas de inverno, presaxio da primavera brotaron do chan desconxelado. Cando a última gota da sangue do valente mozo caeu sobre a neve branca e pura morreu co orgullo de que a súa vida serviu para un nobre propósito.
   Dende entón a xente trenzou dúas borlas: unha branca e unha vermella. Cada primeiro de marzo, os homes ofrecen este amuleto chamado Martisor ás mulleres que aman. A cor vermella simboliza amor para todo o que é fermoso e tamén a sangue do valente mozo, mentres que o branco representa pureza, boa saúde e campaíñas de inverno, a primeira flor de primavera.
    Literalmente Martisor significa pequeno Marzo: un pequeno adorno que se leva na solapa polo cal se deixa atrás ao inverno e se dá a benvida á primavera.

A lenda do Martisor
     Había unha vez un home moi pobre que facía vestidos de bonecas, cordóns, borlas e que as vendía no mercado.
    Un día quedouse sen tecido e todo o que tiña a man eran dous carretes de fío: un vermello e un branco. Estivo pensando que podía facer con eles e tivo unha idea. Colleu dous extremos dos carretes, un branco e outro vermello e trenzounos facendo un cordel. Estivo moi feliz co seu traballo e colgou un debuxo do seu novo fío. E preguntouse: “Como lle podo chamar a isto?” “ Xa sei! Martisor, porque é marzo e hoxe é o primeiro día do mes. Será un agasallo que os homes lle ofrezan ás mulleres. E fixo varios modelos.
    Rapidamente se soubo da súa invención. A xente celebra o primeiro de marzo porque queren preservar a memoria do día no que un pobre home creou o símbolo da primavera e a rexeneración.   

mércores, 21 de febreiro de 2018

LUME, O SEÑOR EN LAPAS


As nenas e nenos de Jasien fixeron unha morea de tarefas relacionadas co lume. Botádelle un ollo.
















luns, 12 de febreiro de 2018

O ENTROIDO XA CHEGOU AO SINDE!!!


POR FIN É ENTROIDO!!!




O ENTROIDO CHEGOU AO SINDE!!

As nenas e nenos de sexto disfrazámonos do elemento "Terra".



XA É ENTROIDO NO SINDE!!


O ENTROIDO CHEGOU AO SINDE!!


XA CHEGOU O ENTROIDO!!



SOMOS AUGA!!!!



POR FIN É ENTROIDO NO SINDE!!


As nenas e nenos de primeiro disfrazámonos de aire.



XA É ENTROIDO NO SINDE!!

As nenas e  nenos de segundo somos AIRE!!!




XA É ENTROIDO NO SINDE!!

As nenas e nenos de 4 anos vestímonos de lume.



xoves, 8 de febreiro de 2018

xoves, 25 de xaneiro de 2018

LUME, O SEÑOR EN LAPAS

As alumnas e alumnos de quinto estivemos investigando sobre o lume.
Aquí podedes ver algúns dos experimentos que fixemos.