luns, 6 de xuño de 2016

Os cabaliños de mar


NA SEGUINTE LIGAZÓN TEDES O VÍDEO RESUMO DO TRABALLO FEITO POLAS NENAS E NENOS DE CATRO ANOS SOBRE OS CABALIÑOS DE MAR:
 LIGAZÓN

OS CAMALEÓNS

TRABALLO FINAL DO PROXECTO DOS CAMALEÓNS FEITO POLO ALUNMADO DE 6º DE INFANTIL

xoves, 26 de maio de 2016

Vídeos dos movementos da Terra e da Lúa.

Para recrear o movemento da Terra e da Lúa empregamos unha técnica denominada Stop Motion que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas (fonte: Galipedia).

Fixemos moitas fotos e despois, ao facelas pasar moi rápido unhas tras as outras dá a sensación de movemento. Ollade que ben quedaron:
Movemento de rotación da Terra

Movemento de traslación da Terra

Movemento da Lúa.

martes, 24 de maio de 2016

martes, 26 de abril de 2016

7ª FASE: METODOLOXÍA

A metodoloxía que escollemos para este proxecto baséase nos seguintes principios:
  • Partir do nivel de desenrolo dos alumnos.
  • Potenciar as aprendizaxes significativas.
  • Promover o traballo cooperativo.
  • Atender as características e necesidades individuais dos alumnos.
  • Xogo.

Nesta ocasión formamos parellas encargadas de investigar os 6 grandes bloques que queremos saber sobre os camaleóns:

Grupo 1: Leo e Antía J. investigan o comportamento.
Grupo 2: Carolina e Noa investigan as súas características máis peculiares.
Grupo 3: Ingrid e Angelo buscarán que comen.
Grupo 4: Icía e Victor encárganse de buscar onde viven.
Grupo 5: Javier e Nicolas traballan sobre as partes do seu corpo e do esqueleto.
Grupo 6: Antía F. e Aitor investigan como nacen. 






6ª FASE: PROGRAMACIÓN

Segundo os intereses dos nenos/as, o material recompilado e o que queremos aprender, agora tócalle a profe programar os obxectivos, contidos, actividades e criterios de avaliación. Aquí están:

OBXECTIVOS:   
  • Coñecer o hábitat, a alimentación e o comportamento do camaleón.
  • Coñecer a importancia da súa conservación. 
  • Mostrar interesarse polas razón do cambio de cor destes animais. 
  • Coñecer as características da lingua e dos ollos dos camaleóns. 
  • Identificar as partes do corpo e do esqueleto dos camaleóns.
  • Coñecer a razón polo que se lles chama “leóns de terra”. 
  • Adquirir algunhas nocións espazo-temporais. 
  • Fomentar a creatividade, imaxinación e diversión, a través de actividades plásticas sobre camaleóns. 
  • Participar en actividades de expresión oral e escrita relacionadas co tema. 
  • Resolver problemas matemáticos cotiáns e desenvolver conceptos básicos de numeración. 
  • Adquirir habilidades para a búsqueda e tratamento da información na biblioteca, na rede e noutros medios.
  • Aprender e valorar algunhas normas de convivencia. 
  • Aprender e utilizar vocabulario relacionado cos camaleóns e descubrir a utilidade da lectura e escritura como medios de comunicación e expresión. 
  • Valorar o traballo en pequenos grupos cara a consecución dun obxectivo común.
 CONTIDOS:
  • O camaleón e as súas características físicas. 
  • Hábitat, alimentación e hábitos do camaleón. 
  • Comportamento e especies máis comúns.
  • Realización de murais e montaxes audiovisuais a partir da información recompilada. 
  • Discriminación dos elementos que provocan o cambio de cor nos camaleóns. 
  • Disfrute nas actividades grupais e individuais relacionadas co tema. 
  • Participación en actividades e xogos simbólicos, orais e escritos. 
  • Utilización do vocabulario adecuado relacionado cos camaleóns. 
  • Elaboración da decoración do aula utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas e creación dun recuncho sobre os camaleóns. 
  • Reprodución e dramatización de cancións, poesías e adiviñas de camaleóns. 
  • Utilización de diferentes formas de expresión (plástica, musical, escrita, dixitais) para a comunicación dos resultados da investigación e a realización de fichas. 
ACTIVIDADES:
  • Localizar as zonas onde viven os camaleóns. 
  • Debuxar camaleóns. 
  • Sinalar as características principais do camaleón: o cambio de cor, a lingua longa e os ollos. 
  • Deseñar un libro coa información recompilada.
  • Facer unha montaxe de vídeo coa información aprendida a partir de todo o aprendido.
  • Disfrazámonos de camaleóns. 
  • Escoitamos contos e cancións de camaleóns. 
  • Decoración do aula utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas. 
  • Elaboración dun mural expositor e creación do Recuncho dos camaleóns. 
  • Seleccionar e clasificar o material aportado pola familia. 
  • Realizar fichas relacionadas co proxecto.  
  • Analizar as súas características: como nacen, que comen, onde viven,...
CRITERIOS:
  • Utiliza a expresión oral e escrita para participar en diálogos, crear textos, expresar sentimentos,… 
  • Recoñece e entende as principais características, formas de comportamento, hábitat,… dos camaleóns.
  • Participou na decoración da aula utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas e na creación do recuncho dos camaleóns. 
  • Mostra interese polo coñecemento de cancións, contos e adiviñas nos que aparecen camaleóns. 
  • Utiliza as diferentes formas de expresión para a comunicación dos resultados da investigacións a realización de fichas. 
  • Participaron as familias nas actividades propostas para o proxecto.

5º FASE: AMBIENTACIÓN

Pouco a pouco a nosa clase vai collendo cor. Con todo o material que imos traendo da casa e co que facemos no cole, ambientamos a nosa entrada e a clase. Todo isto dará paso á clasificación de material e a remcopilación de información.
Murais aportados polos alumnos/as:


A nosa porta: 


 Mural colectivo con materiais aportados polos nenos/as:



domingo, 10 de abril de 2016

xoves, 31 de marzo de 2016

xoves, 17 de marzo de 2016

ESPIRAIS NO UNIVERSO

Seguimos investigando...

Decidimos estudiar a nosa galaxia:A VÍA LÁCTEA


Descubrimos O SISTEMA SOLAR
E aquí vivimos no planeta TERRA, pero hai máis
planetas e xiran facendo espirais pois seguimos investigando.............
O SOL A LÚA......
Nestas fichas deixamos recollido o que imos aprendendo.

https://www.youtube.com/watch?v=ZykXgSqet6A

GALAXIAS ESPIRAIS
 
QUE É UNHA GALAXIA?
OUTRO TIPO DE GALAXIAS
O SOL
O TAMAÑO DOS PLANETAS

O SISTEMA SOLAR

luns, 14 de marzo de 2016

ACABAMOS...

O TRIMESTRE ACABA E CON EL ACABAMOS O PROXECTOS DOS CARACOIS. AGORA XA SOMOS UNS EXPERTOS E EXPERTAS NOS CARACOIS. PREGUNTADE O QUE QUEIRADES! TEMOS MOITA INFORMACIÓN QUE DARVOS!


OUTRA SORPRESA!

UN DÍA, PARA A NOSA SORPRESA, CHEGOU UN VISITANTE Á CAIXA ONDE VIVÍAN OS NOSOS CARACOIS. PARECEUNOS RARO QUE APARECERA XA QUE NON ATOPAMOS NIN UN SÓ OVO E, SEGUNDO A INFORMACIÓN QUE TEMOS, OS CARACOIS SOEN TER SOBRE UNS 50 OVOS! IGUAL ANDABA PERDIDO POLAS BOLSAS DE AREA QUE TROUXEMOS DE CASA.

 

DANDO DE COMER AOS NOSOS CARACOIS

GRAZAS AO CARACOLARIO, PUIDEMOS PROBAR A DARLLE DE COMER AOS NOSOS CARACOIS E COMPROBAR QUE NON COMEN NIN COMIDA DE CAN NIN OVO PERO SI A CÁSCARA.


O NOSO CARACOLARIO

UNHA VEZ RECOLLIDA A INFORMACIÓN, PUXÉMONOS A TRABALLAR SOBRE O TEMA E FIXEMOS MOITÍSIMAS ACTIVIDADES DIFERENTES. ENTRE ELAS, FABRICAMOS O NOSO PROPIO CARACOLARIO PARA OBSERVALOS!


ASÍ PUIDEMOS PROBAR A DARLLE DE COMER AOS NOSOS CARACOIS E COMPROBAR QUE NON COMEN NIN COMIDA DE CAN NIN OVO PERO SI A CÁSCARA.





EXPLICANDO NA CLASE

POUCO A POUCO, RECOMPILAMOS INFORMACIÓN E EXPLICÁMOSLLA AOS NOSOS COMPAÑEIROS NA ASEMBLEA DA MAÑÁ. GRAZAS AOS NOSOS PAPÁS E MAMÁS ATOPAMOS MOITA INFORMACIÓN SOBRE OS CARACOIS. GRAZAS!!!


NA PROCURA DE ESPIRAIS

COMEZAMOS A BUSCAR COUSAS QUE TEÑEN ESPIRAL E DESCUBRIMOS QUE NAS OUTRAS AULAS TAMÉN ESTÁN A TRABALLAR AS ESPIRAIS. 

  1. NÓS TRABALLAREMOS OS CARACOIS.
  2. OS DE 4 ANOS OS CABALIÑOS DE MAR.
  3. OS DE 5 ANOS OS CAMALEÓNS.
  4. OS DE 1º, AS GALAXIAS.
  5. OS DE 2º, AS ESPIRAIS NA ARTE.
  6. OS DE 3º, SARGADELOS.
  7. OS DE 4º, OS PETROGLIFOS.
  8. OS DE 5º, AS ESPIRAIS NA NATUREZA.
  9. OS DE 6º, O TEMPO.



luns, 15 de febreiro de 2016

4º FASE: NOTA ÁS FAMILIAS

Esta foi a nota que escribimos para as nosas familias:

Nestre segundo trimestre todos os nenos do Sinde van a traballar as espirais.
Na clase de 5 anos imos a investigar os camaleóns porque teñen unha espiral na súa cola. Podemos traer da casa información, fotos, xoguetes e outras cousas sobre os camaleóns.



3ª FASE DO PROXECTO: QUE QUEREMOS SABER SOBRE OS CAMALEÓNS?

Entre todo/as decidimos que o que máis nos gustaría saber sobre os camaleóns é:
- Onde viven?
- Que comen?
- Como nacen?
- Como se comportan?
- Características e curiosidades.
- Partes do corpo.
De seguido, puxémonos mans a obra. Escribimos unha nota para as familias e subimos a Bibliosinde na procura de información. Pouco a pouco irémosvos contando máis.

2ª FASE DO PROXECTO: QUE SABEMOS DOS CAMALEÓNS?

- Teñen   dúas   espirais nos  ollos e  na  cola.
- Cambian de cor candoestan en perigo.
- Camúflánse.
- Poden xirar os ollos para todos os lados.

mércores, 3 de febreiro de 2016

   



        Os petroglifos

Cando se fixeron? 
Cronoloxía.
     
          Buscamos en internet e lemos en libros.

  Foron feitos na prehistoria sobre todo na Idade de Bronce


martes, 2 de febreiro de 2016






Que son os petroglifos?

  Buscamos a definición de petroglifo no diccionario, enciclopedias, internet....
 Petroglifos son debuxos simbolicos gravados na pedra. 
Os petroglifos son gravados rupestres ao aire libre da época prehistórica.
 
 

martes, 26 de xaneiro de 2016


ESTAS SON AS ESPIRÁIS QUE DESCUBRIMOS:

 Leire y Xoel.-El sistema solar  

 Ángela y Ángel.-Vía láctea, Sistema Solar 

Sergio, Fabián y Mario.- La galaxia de la Vía Láctea.        

 Unai e Iago.-Galaxia espiral en Virgo 

 Nazhán y Darío: -La galaxia espiral de Andrómeda, Galaxia del Torbellino,Galaxia espiral en Virgo,Galaxia espiral en C. Venatici.

 

   SEGUIREMOS INVESTIGANDO.....

luns, 25 de xaneiro de 2016

ANÉCDOTA DO DÍA

HOXE PASOUNOS ALGO MOI INTERESANTE.

ESTABAMOS A LIMPAR A CAIXA DOS CARACOIS E DEIXAMOS OS CARACOIS NO FREGADERO.

CANDO FOMOS A COLLELOS PARA METELOS DE NOVO NA CAIXA ATOPAMOS ISTO!!


COMEZAMOS A FACER HIPÓTESES DO QUE ESTABA A PASAR NESE MOMENTO:

- ALBERTO: ESTÁN COMIÉNDOSE LAS CONCHAS!

- YAGO: SÍ, SE ESTÁN COMIENDO. MIRA LOS DIENTES.

- ÁNGEL: NO SE ESTÁN COMIENDO PORQUE NO SE VEN BOCADOS.

SARA: NOOO, SE ESTÁN DANDO BESOS!

JORGE: SÍ, NO SE ESTÁN COMIENDO.

HUGO: ESTÁN JUGANDO.

DANIEL: SÍ, JUGANDO!

IKER: VAN A TENER BEBÉS.

UXÍA Y BRAIS: VAN A TENER HUEVOS.

CAL SERÁ A RESPOSTA AXEITADA??