A metodoloxía que escollemos para este proxecto baséase nos seguintes principios:
- Partir do nivel de desenrolo dos alumnos.
- Potenciar as aprendizaxes significativas.
- Promover o traballo cooperativo.
- Atender as características e necesidades individuais dos alumnos.
- Xogo.
Nesta ocasión formamos parellas encargadas de investigar os 6 grandes bloques que queremos saber sobre os camaleóns:
Grupo 1: Leo e Antía J. investigan o comportamento.
Grupo 2: Carolina e Noa investigan as súas características máis peculiares.
Grupo 3: Ingrid e Angelo buscarán que comen.
Grupo 4: Icía e Victor encárganse de buscar onde viven.
Grupo 5: Javier e Nicolas traballan sobre as partes do seu corpo e do esqueleto.
Grupo 6: Antía F. e Aitor investigan como nacen.