Bitácora sobre o traballo dos proxectos integrados do CEIP Manuel Rodríguez Sinde (A Guarda)
martes, 7 de xuño de 2016
luns, 6 de xuño de 2016
venres, 3 de xuño de 2016
xoves, 2 de xuño de 2016
xoves, 26 de maio de 2016
Vídeos dos movementos da Terra e da Lúa.
Para recrear o movemento da Terra e da Lúa empregamos unha técnica denominada Stop Motion que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas (fonte: Galipedia).
Fixemos moitas fotos e despois, ao facelas pasar moi rápido unhas tras as outras dá a sensación de movemento. Ollade que ben quedaron:
Movemento de rotación da Terra
Movemento de traslación da Terra
Movemento da Lúa.
Fixemos moitas fotos e despois, ao facelas pasar moi rápido unhas tras as outras dá a sensación de movemento. Ollade que ben quedaron:
Movemento de rotación da Terra
Movemento de traslación da Terra
Movemento da Lúa.
martes, 24 de maio de 2016
As espirais no universo
Vídeo co resumo da información sobre as espirais no universo feito en primeiro.
martes, 26 de abril de 2016
7ª FASE: METODOLOXÍA
A metodoloxía que escollemos para este proxecto baséase nos seguintes principios:
- Partir do nivel de desenrolo dos alumnos.
- Potenciar as aprendizaxes significativas.
- Promover o traballo cooperativo.
- Atender as características e necesidades individuais dos alumnos.
- Xogo.
Nesta ocasión formamos parellas encargadas de investigar os 6 grandes bloques que queremos saber sobre os camaleóns:
Grupo 1: Leo e Antía J. investigan o comportamento.
Grupo 2: Carolina e Noa investigan as súas características máis peculiares.
Grupo 3: Ingrid e Angelo buscarán que comen.
Grupo 4: Icía e Victor encárganse de buscar onde viven.
Grupo 5: Javier e Nicolas traballan sobre as partes do seu corpo e do esqueleto.
Grupo 6: Antía F. e Aitor investigan como nacen.
6ª FASE: PROGRAMACIÓN
Segundo
os intereses dos nenos/as, o material recompilado e o que queremos
aprender, agora tócalle a profe programar os obxectivos, contidos,
actividades e criterios de avaliación. Aquí están:
OBXECTIVOS:
- Coñecer o hábitat, a alimentación e o comportamento do camaleón.
- Coñecer a importancia da súa conservación.
- Mostrar interesarse polas razón do cambio de cor destes animais.
- Coñecer as características da lingua e dos ollos dos camaleóns.
- Identificar as partes do corpo e do esqueleto dos camaleóns.
- Coñecer a razón polo que se lles chama “leóns de terra”.
- Adquirir algunhas nocións espazo-temporais.
- Fomentar a creatividade, imaxinación e diversión, a través de actividades plásticas sobre camaleóns.
- Participar en actividades de expresión oral e escrita relacionadas co tema.
- Resolver problemas matemáticos cotiáns e desenvolver conceptos básicos de numeración.
- Adquirir habilidades para a búsqueda e tratamento da información na biblioteca, na rede e noutros medios.
- Aprender e valorar algunhas normas de convivencia.
- Aprender e utilizar vocabulario relacionado cos camaleóns e descubrir a utilidade da lectura e escritura como medios de comunicación e expresión.
- Valorar o traballo en pequenos grupos cara a consecución dun obxectivo común.
CONTIDOS:
|
ACTIVIDADES:
- Localizar as zonas onde viven os camaleóns.
- Debuxar camaleóns.
- Sinalar as características principais do camaleón: o cambio de cor, a lingua longa e os ollos.
- Deseñar un libro coa información recompilada.
- Facer unha montaxe de vídeo coa información aprendida a partir de todo o aprendido.
- Disfrazámonos de camaleóns.
- Escoitamos contos e cancións de camaleóns.
- Decoración do aula utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas.
- Elaboración dun mural expositor e creación do Recuncho dos camaleóns.
- Seleccionar e clasificar o material aportado pola familia.
- Realizar fichas relacionadas co proxecto.
- Analizar as súas características: como nacen, que comen, onde viven,...
CRITERIOS:
- Utiliza a expresión oral e escrita para participar en diálogos, crear textos, expresar sentimentos,…
- Recoñece e entende as principais características, formas de comportamento, hábitat,… dos camaleóns.
- Participou na decoración da aula utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas e na creación do recuncho dos camaleóns.
- Mostra interese polo coñecemento de cancións, contos e adiviñas nos que aparecen camaleóns.
- Utiliza as diferentes formas de expresión para a comunicación dos resultados da investigacións a realización de fichas.
- Participaron as familias nas actividades propostas para o proxecto.
5º FASE: AMBIENTACIÓN
Pouco a pouco a nosa clase vai collendo cor. Con todo o material que imos traendo da casa e co que facemos no cole, ambientamos a nosa entrada e a clase. Todo isto dará paso á clasificación de material e a remcopilación de información.
Murais aportados polos alumnos/as:
A nosa porta:
Mural colectivo con materiais aportados polos nenos/as:
Murais aportados polos alumnos/as:
A nosa porta:
Mural colectivo con materiais aportados polos nenos/as:
martes, 19 de abril de 2016
xoves, 31 de marzo de 2016
xoves, 17 de marzo de 2016
ESPIRAIS NO UNIVERSO
Seguimos investigando...
Decidimos estudiar a nosa galaxia:A VÍA LÁCTEA
Descubrimos O SISTEMA SOLAR
E aquí vivimos no planeta TERRA, pero hai máis
planetas e xiran facendo espirais pois seguimos investigando.............O SOL A LÚA......
Nestas fichas deixamos recollido o que imos aprendendo.
https://www.youtube.com/watch?v=ZykXgSqet6A
GALAXIAS ESPIRAIS |
QUE É UNHA GALAXIA? |
OUTRO TIPO DE GALAXIAS |
O SOL |
O TAMAÑO DOS PLANETAS |
O SISTEMA SOLAR |
luns, 14 de marzo de 2016
ACABAMOS...
O TRIMESTRE ACABA E CON EL ACABAMOS O PROXECTOS DOS CARACOIS. AGORA XA SOMOS UNS
EXPERTOS E EXPERTAS NOS CARACOIS. PREGUNTADE O QUE QUEIRADES! TEMOS MOITA INFORMACIÓN QUE DARVOS!
OUTRA SORPRESA!
UN DÍA, PARA A NOSA
SORPRESA, CHEGOU UN VISITANTE Á CAIXA ONDE VIVÍAN OS NOSOS CARACOIS. PARECEUNOS
RARO QUE APARECERA XA QUE NON ATOPAMOS NIN UN SÓ OVO E, SEGUNDO A INFORMACIÓN
QUE TEMOS, OS CARACOIS SOEN TER SOBRE UNS 50 OVOS! IGUAL ANDABA PERDIDO POLAS BOLSAS
DE AREA QUE TROUXEMOS DE CASA.
DANDO DE COMER AOS NOSOS CARACOIS
GRAZAS AO CARACOLARIO, PUIDEMOS PROBAR
A DARLLE DE COMER AOS NOSOS CARACOIS E COMPROBAR QUE NON COMEN NIN COMIDA DE
CAN NIN OVO PERO SI A CÁSCARA.
O NOSO CARACOLARIO
UNHA VEZ RECOLLIDA
A INFORMACIÓN, PUXÉMONOS A TRABALLAR SOBRE O TEMA E FIXEMOS MOITÍSIMAS
ACTIVIDADES DIFERENTES. ENTRE ELAS, FABRICAMOS O NOSO PROPIO CARACOLARIO PARA
OBSERVALOS!
ASÍ PUIDEMOS PROBAR
A DARLLE DE COMER AOS NOSOS CARACOIS E COMPROBAR QUE NON COMEN NIN COMIDA DE
CAN NIN OVO PERO SI A CÁSCARA.
EXPLICANDO NA CLASE
POUCO A POUCO,
RECOMPILAMOS INFORMACIÓN E EXPLICÁMOSLLA AOS NOSOS COMPAÑEIROS NA ASEMBLEA DA
MAÑÁ. GRAZAS AOS NOSOS PAPÁS E MAMÁS ATOPAMOS MOITA INFORMACIÓN SOBRE OS
CARACOIS. GRAZAS!!!
NA PROCURA DE ESPIRAIS
COMEZAMOS
A BUSCAR COUSAS QUE TEÑEN ESPIRAL E DESCUBRIMOS QUE NAS OUTRAS AULAS TAMÉN
ESTÁN A TRABALLAR AS ESPIRAIS.
- NÓS TRABALLAREMOS OS CARACOIS.
- OS DE 4 ANOS OS CABALIÑOS DE MAR.
- OS DE 5 ANOS OS CAMALEÓNS.
- OS DE 1º, AS GALAXIAS.
- OS DE 2º, AS ESPIRAIS NA ARTE.
- OS DE 3º, SARGADELOS.
- OS DE 4º, OS PETROGLIFOS.
- OS DE 5º, AS ESPIRAIS NA NATUREZA.
- OS DE 6º, O TEMPO.
luns, 15 de febreiro de 2016
4º FASE: NOTA ÁS FAMILIAS
Esta foi a nota que escribimos para as nosas familias:
Nestre segundo trimestre todos os nenos do Sinde van a traballar as espirais.
Nestre segundo trimestre todos os nenos do Sinde van a traballar as espirais.
Na clase de 5 anos imos a investigar os camaleóns porque teñen unha espiral na súa cola. Podemos traer da casa información, fotos, xoguetes e outras cousas sobre os camaleóns.
Nota camaleon from bibliosinde
3ª FASE DO PROXECTO: QUE QUEREMOS SABER SOBRE OS CAMALEÓNS?
Entre todo/as decidimos que o que máis nos gustaría saber sobre os camaleóns é:
- Onde viven?
- Que comen?
- Como nacen?
- Como se comportan?
- Características e curiosidades.
- Partes do corpo.
De seguido, puxémonos mans a obra. Escribimos unha nota para as familias e subimos a Bibliosinde na procura de información. Pouco a pouco irémosvos contando máis.
2ª FASE DO PROXECTO: QUE SABEMOS DOS CAMALEÓNS?
- Teñen dúas espirais nos ollos e na cola.
- Cambian de cor candoestan en perigo.
- Camúflánse.
- Poden xirar os ollos para todos os lados.
- Cambian de cor candoestan en perigo.
- Camúflánse.
- Poden xirar os ollos para todos os lados.
mércores, 3 de febreiro de 2016
martes, 2 de febreiro de 2016
martes, 26 de xaneiro de 2016
ESTAS SON AS ESPIRÁIS QUE DESCUBRIMOS:
Leire y Xoel.-El sistema solar
Ángela y Ángel.-Vía láctea, Sistema Solar
Sergio, Fabián y Mario.- La galaxia de la Vía Láctea.
Unai e Iago.-Galaxia espiral en Virgo
Nazhán y Darío: -La galaxia espiral de Andrómeda, Galaxia del Torbellino,Galaxia espiral en Virgo,Galaxia espiral en C. Venatici.
SEGUIREMOS INVESTIGANDO.....
luns, 25 de xaneiro de 2016
ANÉCDOTA DO DÍA
HOXE PASOUNOS ALGO MOI INTERESANTE.
ESTABAMOS A LIMPAR A CAIXA DOS CARACOIS E DEIXAMOS OS CARACOIS NO FREGADERO.
CANDO FOMOS A COLLELOS PARA METELOS DE NOVO NA CAIXA ATOPAMOS ISTO!!
COMEZAMOS A FACER HIPÓTESES DO QUE ESTABA A PASAR NESE MOMENTO:
- ALBERTO: ESTÁN COMIÉNDOSE LAS CONCHAS!
- YAGO: SÍ, SE ESTÁN COMIENDO. MIRA LOS DIENTES.
- ÁNGEL: NO SE ESTÁN COMIENDO PORQUE NO SE VEN BOCADOS.
- SARA: NOOO, SE ESTÁN DANDO BESOS!
- JORGE: SÍ, NO SE ESTÁN COMIENDO.
- HUGO: ESTÁN JUGANDO.
- DANIEL: SÍ, JUGANDO!
- IKER: VAN A TENER BEBÉS.
- UXÍA Y BRAIS: VAN A TENER HUEVOS.
CAL SERÁ A RESPOSTA AXEITADA??
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)