Bitácora sobre o traballo dos proxectos integrados do CEIP Manuel Rodríguez Sinde (A Guarda)
luns, 18 de xaneiro de 2016
xoves, 14 de xaneiro de 2016
ONDE HAI ESPIRAIS?
- TORNILLOS. ANGELO
- VIA LÁCTEA .LEO
- ESPACIO. AITOR
- NOS OLLOS DOS DEBUXOS ANIMADOS CANDO SE MAREAN. ANGELO
- CADROS DE VAN GOGH. INGRID
- NA PORTA DO COLE. JAVIER
- COLA DO CAMALEÓN. ANGELO
- COLA DO CABALIÑO DE MAR. LEO
- CUNCHAS DOS CARACOIS. LEO
- CUNCHA DAS CARAMUXAS. LEO
- NOS PLATOS. AITOR
- LABERINTOS. JAVIER
- OLAS DO MAR .LEO
- REMUIÑOS. AITOR
- TORNADOS. ANGELO
- PETROGRIFOS-PEDRA FURARA. JAVIER
- NO XOGO DA OCA. LEO
- SALTAMUELLES. NICOLÁS
- NAS FLORES. ICÍA
mércores, 13 de xaneiro de 2016
OS ELEFANTIÑOS DE 3 ANOS DESCUBRIMOS AS ESPIRAIS
O PRIMEIRO DÍA DESPOIS DAS VACACIÓNS DE NADAL DESCUBRIMOS NAS PORTAS DO COLE UNS DEBUXOS QUE ANTES NON HABÍA.
TAMÉN ATOPAMOS UNHA MESA ONDE HABÍA UN LIBRO E UNHA CAIXA. PARA QUE SERÁN?
E SUPERLECTOR MANDOUNOS UNHA CARTA!!!
PARA QUE SERÁ ESA CAIXA?? PRONTO O DESCUBRIREDES.
luns, 11 de xaneiro de 2016
SINDE-LOVE-ESPIRAIS
NA VOLTA DAS VACACIÓNS DE NADAL ATOPAMOS COUSAS NOVAS NA ESCOLA! NADA MÁIS ENTRAR POLA PORTA ATOPAMOS ISTO:
MIRADE O QUE PENSAMOS:
- É UNHA COLA DE CAMALEÓN. VÍCTOR.
- É UN REMINO. AITOR.
- SINDE QUERE COLA DE CAMALEÓN. LEO
- CUNCHA DE CARACOL. ICIA
- AMOR. JAVIER
- SINDE QUÉROTE, COLA DE CAMALEÓN. INGRID
- COLA DE CAMALEÓN. ANTIA J.
- SINDE QUÉROTE MOITO. CAROLINA
- UNHA COLA DE CAMALEÓN. ANGELO
- SINDE QUÉROTE. ANTIA F.
- SINDE QUÉROTE, COLA DE CAMALEÓN. NOA
1º FASE DO PROXECTO: XUSTIFICACIÓN
COLAS EN ESPIRAL: O CAMALEÓN
Aínda que en ocasións non somos conscientes, hai miles de espirais ao noso arredor. Para os nenos e nenas de infantil o máis sinxelo é atopalas naquelas cousas que máis nos gustan como son os animais. Os rapaces e rapazas de 5 anos rapidamente relacionamos o logo: SINDE-LOVE-ESPIRAIS coas colas dos CAMALEÓNS que atopamos na nosa mesa-proxecto.
A partir de agora, imos a traballar e investigar sobre as espirais e os camaleóns e o máis importante de todo: imos ser os únicos protagonistas nesta aprendizaxe!!!
Crearemos as entradas deste blogue, traeremos información e materiais da casa, investigaremos sobre os camaleóns en Bibliosinde, prepararemos materiais, exposicións, cancións e manualidades e pouco a pouco volo iremos ensiando neste espazo.
mércores, 6 de xaneiro de 2016
AS ESPIRAIS NA NATUREZA
Durante o 2º triemstre @s nen@s de 5º buscaremos e investigaremos sobre as espirais no mundo natural.
Xa vos iremos contando máis cousas! A nosa primeira labor será buscar información sobre espirais dentro do mundo natural. Todo o que atopemos, iremolo colocando no noso panel do proxecto...
Non volo perdades! E agora... a investigar!! Fixádevos ben porque en calquera sitio volas podedes atopar!
Xa vos iremos contando máis cousas! A nosa primeira labor será buscar información sobre espirais dentro do mundo natural. Todo o que atopemos, iremolo colocando no noso panel do proxecto...
Non volo perdades! E agora... a investigar!! Fixádevos ben porque en calquera sitio volas podedes atopar!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







