Mirade que actividades tan divertidas fixeron as alumnas e alumnos da escola Josip Matos de Vukovar.
Bitácora sobre o traballo dos proxectos integrados do CEIP Manuel Rodríguez Sinde (A Guarda)
venres, 9 de marzo de 2018
martes, 6 de marzo de 2018
MARTISOR
As nosas amigas e amigos de Craiova enviáronnos este agasallo para celebrar a festividade de Martisor, que celebran o 1 de marzo.
Esta tradición romanesa celebra a primavera, a natureza, a alegría e a vitoria do ben sobre o mal.
Nesta
data recíbense pequenos agasallos, atados cun cordón branco e
vermello, que traen sorte, benestar e saúde.
Se queres saber máis sobre a lenda desta festividade segue lendo....
Cada
ano a festa do 1 de Marzo tráenos renovadas esperanzas, confianza,
fe na boa fortuna e unha próspera vida. Son a vida, a primavera e o
brillo do sol os que ganan a batalla contra o tempo frío, ceos
cubertos e os duros días do Babe ( os nove primeiros días de marzo)
. O triunfo do renacemento e rexeneración non podía ser mellor
encarnado que co Martisor ( un adorno, amuleto de marzo) que se
ofrece a aqueles que amamos a principios da primavera.
O
cordón branco e vermello deste amuleto ( unha moeda ou tamén unha
monetaria moneta) que os pais tradicionalmente ataban arredor dos
pulsos dos seus fillos e fillas, os mozos ofrecíanllo ás mozas e as
mozas adoitaban intercambialos, xa que se cría que traía boa sorte
e boa saúde ” como prata pura, como a pedra do ría, como a
cuncha mariña”.
O
Martisor ofrécese pola mañá cedo no primeiro día de marzo e
lévase durante 9-12 días, a veces, ata que a primeira árbore
florece momento no que colga dunha rama florecente para traer boa
sorte ao seu posuidor.
En
Dobrogea, o Martisor levábase ata a chegada das brancas cegoñas
cando se lanza ao ceo para traer “gran e alada fortuna” ao seu
posuidor.
O
Martisor era un regalo que os romaneses se enviaban uns aos outros no
primeiro día de marzo, tradicionalmente unha moeda de ouro
suspendida nun cordón trenzado branco e vermello, cunha borla de
seda. O receptor normalmente levábao arredor do pescozo ata que
vira unha rosa florecer e entón o regalo pousaríase na súa rama,
deste xeito dábaselle a benvida á primavera poeticamente. A moeda
simbolizaba a prosperidade, o branco e vermello do cordel, unha
metáfora da cara dunha persoa “branca como un lirio e rosada como
unha rosa”.
Nas
aldeas de Transilvania, O Martisor de fío de la branca e vermella
colocábase en portas, ventás , currais das ovellas, atados arredor
dos cornos do gando, nas asas dos caldeiros, para protexer do mal de
ollo e espíritos malignos; críase que o vermello “ a cor da vida”
podía ser un indutor de vitalidade e rexeneración.
Na
tradición das vilas das montañas dos Cárpatos, o Martisor
coñecíase como Drogobete, o tempo do ano no que as mozas lavaban a
cara en “auga de neve” para conseguir que fose “ limpa,
fermosa e branca como a neve”
En
Bihor a xente do pobo cría que a a auga da chuvia recollida o 1 de
marzo, e durante os nove días do Babe che farían máis fermoso e
saudable, mentras que en Banat era unha costume para as mozas
recoller auga e neve das follas de bagas silvestres e lavala cara
cunhas pálabras máxicas de Drogobete para o amor:
Flor
da baga salvaxe de marzo. Faime querida para alguén, aparta de min
calquera mal.
A
lenda do Martisor
Houbo
unha vez un tempo na que o Sol adoitaba tomala forma dun home xove
e descendía á Terra para bailar entre o pobo.
Un
dragón descubriu isto e seguiu ao Sol na Terra, capturouno e
confinouno nun calabozo no seu castelo.
Un
día un valente mozo partiu para atopar o calabozo e liberar ao Sol.
Moita xente se lle uniu e deulle forza e coraxe para desafiar ao
poderoso dragón.
A
viaxe durou tres estacións: verán, outono e inverno. Ao final da
terceira estación o valente mozo puido finalmente chegar ao castelo
do dragón onde o Sol se atopaba prisioneiro. A loita durou varios
días ata que o dragón foi vencido. Inda que debilitado polas súas
feridas o afoutado mozo conseguiu liberar ao Sol para alegría
daqueles que creran nel.
A
natureza estaba viva de novo, a xente recuperou o seu sorriso, pero o
valente mozo non puido superala primavera. A súa sangue morna caía
das feridas sobre a neve. Coa neve derreténdose, flores brancas
chamadas campaíñas de inverno, presaxio da primavera brotaron do
chan desconxelado. Cando a última gota da sangue do valente mozo
caeu sobre a neve branca e pura morreu co orgullo de que a súa vida
serviu para un nobre propósito.
Dende
entón a xente trenzou dúas borlas: unha branca e unha vermella.
Cada primeiro de marzo, os homes ofrecen este amuleto chamado
Martisor ás mulleres que aman. A cor vermella simboliza amor para
todo o que é fermoso e tamén a sangue do valente mozo, mentres que
o branco representa pureza, boa saúde e campaíñas de inverno, a
primeira flor de primavera.
Literalmente
Martisor significa pequeno Marzo: un pequeno adorno que se leva na
solapa polo cal se deixa atrás ao inverno e se dá a benvida á
primavera.
A
lenda do Martisor
Había
unha vez un home moi pobre que facía vestidos de bonecas, cordóns,
borlas e que as vendía no mercado.
Un
día quedouse sen tecido e todo o que tiña a man eran dous carretes
de fío: un vermello e un branco. Estivo pensando que podía facer
con eles e tivo unha idea. Colleu dous extremos dos carretes, un
branco e outro vermello e trenzounos facendo un cordel. Estivo moi
feliz co seu traballo e colgou un debuxo do seu novo fío. E
preguntouse: “Como lle podo chamar a isto?” “ Xa sei! Martisor,
porque é marzo e hoxe é o primeiro día do mes. Será un agasallo
que os homes lle ofrezan ás mulleres. E fixo varios modelos.
Rapidamente
se soubo da súa invención. A xente celebra o primeiro de marzo
porque queren preservar a memoria do día no que un pobre home creou
o símbolo da primavera e a rexeneración.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)