O DÍA 16 DE MAIO DE 2017 OS NOSOS PAPÁS E MAMÁS VIÑERON Á NOSA CLASE. CONTÁMOSLLES O EXPOSTO NO MURAL E LLES ENSINAMOS OS VÍDEOS-RESUMO QUE ELABORAMOS DO PROXECTO. FOI UNHA EXPERIENCIA MOI FERMOSA!!
O DÍA 5 DE XUÑO EXPUXÉMOSLLES AOS NOSOS COMPAÑEIROS DE INFANTIL E DE PRIMARIA. CREMOS QUE LLES GUSTOU MOITO A NOSA PROXECCIÓN!!
UN DÍA QUE ESTABAMOS PEGANDO INFORMACIÓN NO MURAL XURDIU UNHA DÚBIDA:
- E AGORA, QUE IMOS FACER CO MURAL?
AXIÑA UN NENO TIVO UNHA FERMOSA IDEA: - PODÍAMOS ENSINÁRLLELO AOS NOSOS PAIS!!
O RESTO DA CLASE APROBAMOS A IDEA. ACTO SEGUIDO PREPARAMOS (CON TODO O TRABALLO QUE CONLEVA) UN CARTEL E UNHAS INVITACIÓNS ANUNCIANDO A EXPOSICIÓN. AQUÍ DEIXAMOS ÁMBALAS DÚAS COUSAS.
Ó MESMO TEMPO QUE INVESTIGAMOS SOBRE AS CASAS, SEGUIMOS TRABALLANDO A PAUL KLEE. NESTE CASO INTERPRETAMOS OS SEUS CADROS E, CON CADA UN DELES, DESCUBRIMOS COUSAS DOS NOSOS COMPAÑEIROS.
A CONTINUACIÓN DEIXAMOS ALGÚN EXEMPLO!
* CON ESTE CADRO TRABALLAMOS OS SENTIMENTOS:
E, DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS QUE NOS DAN MEDO!!
* CON ESTE OUTRO TRABALLAMOS AS CORES:
E DESCUBRIMOS CAL É A COR PREFERIDA DOS NOSOS COMPAÑEIROS!!