xoves, 28 de decembro de 2017

mércores, 27 de decembro de 2017

martes, 26 de decembro de 2017

O NADAL CHEGOU A TERRA VITA


Os nosos amigos e amigas da Escola Pchelitsa de Kazanlak enviaron unha mensaxe de felicidade, así como un desexo de unidade e humanidade para o vindeiro ano.


Para poder velo, fai clic no seguinte enlace.    

PINCHA AQUÍ


O NADAL CHEGOU A TERRA VITA

Os mestres, mestras e alumnado da 1ª Escola de Educación Infantil de Ed. Especial de Patras enviáronnos este desexo de Nadal convertido en postal.





O NADAL CHEGOU A TERRA VITA


Dende a escola Rogaska Slatina recibimos esta fermosa postal desexándonos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo. 

venres, 22 de decembro de 2017

VUKOVAR - CROACIA

DESCUBRE ALGUNHAS ACTIVIDADES FEITAS POLOS NOSOS AMIGOS E AMIGAS DA ESCOLA JOSIP MATOS. 



KAZANLAK- BULGARIA


Aquí tendes unha mostra das tarefas sobre a auga realizadas polos nosos amigos e amigas de Bulgaria.

ESCOLA "MECHO POOH"







Para ver máis actividades desta escola preme na seguinte ligazón. 

ACTIVIDADES AUGA




ESCOLA "PCHELITSA"

Para ver as actividades PREME AQUÍ   


Para ver máis PINCHA AQUÍ






COÑECE UN POUCO MÁIS  BULGARIA SELECCIONANDO A SEGUINTE LIGAZÓN

PINCHA AQUÍ



PARA COÑECER AS NOSAS ESCOLAS AMIGAS DE KAZANLAK  PREME NAS SEGUINTES LIGAZÓNS





http://es.calameo.com/read/0046326530e31c63a6199

JASIEN-POLONIA


AQUÍ TENDES UNHA MOSTRA DAS ACTIVIDADES SOBRE A AUGA QUE FIXERON AS NOSAS AMIGAS E AMIGOS DE JASIEN







DESCUBRE POLONIA


Para coñecer a escola  Zespol Skolno-Prezdskolny w Jasieniu e saber máis sobre Polonia preme no seguinte enlace.






Coñece ás nosas amigas e amigos da escola de educación infantil de Jasien.


              

xoves, 14 de decembro de 2017

WATER: THE POWER OF LIFE

Dentro das actividades do Proxecto Terra Vita durante este mes traballouse cun dos elementos "A AUGA". Fixéronse experimentos, investigacións, os máis pequenos experimentaron coa auga...
Aquí vos deixamos uns vídeos que recollen unha pequena mostra do traballado:




mércores, 13 de decembro de 2017

COMENIUS+: TERRA VITA

Nos cursos 2017-2018 e 2018-2019 participamos no proxecto Terra Vita dentro do programa Erasmus +  con centros de Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Romanía, Grecia e Polonia. Neste blog poderedes ver as actividades e tarefas que realicemos na aula.
Unha das primeiras que fixemos foi un Lipdub no que participou todo o alumnado do Sinde.

xoves, 15 de xuño de 2017

FIN DO PROXECTO: A CASA XIRATORIA DE PAUL KLEE

CHEGAMOS AO REMATE DO PROXECTO. CON ESTES VÍDEOS RECOLLEMOS CASE TODO O QUE APRENDIMOS.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E QUE O DISFRUTEDES TANTO COMA NÓS!!






POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA!!!

O DÍA 16 DE MAIO DE 2017 OS NOSOS PAPÁS E MAMÁS VIÑERON Á NOSA CLASE. CONTÁMOSLLES O EXPOSTO NO MURAL E LLES ENSINAMOS OS VÍDEOS-RESUMO QUE ELABORAMOS DO PROXECTO. FOI UNHA EXPERIENCIA MOI FERMOSA!!


  

O DÍA 5 DE XUÑO EXPUXÉMOSLLES AOS NOSOS COMPAÑEIROS DE INFANTIL E DE PRIMARIA. CREMOS QUE LLES GUSTOU MOITO A NOSA PROXECCIÓN!!

  









CONVOCATORIA DE BIBLIOSINDE!!

DENDE BIBLIOSINDE SE NOS CONVOCA PARA QUE EXPOÑAMOS O PROXECTO DA CASA XIRATORIA DE PAUL KLEE AOS COMPAÑEIROS DO COLE. 


E... TAMÉN ACEPTAMOS!!!!!

EXPOSICIÓNS!!!!!

UN DÍA QUE ESTABAMOS PEGANDO INFORMACIÓN NO MURAL XURDIU UNHA DÚBIDA: 
- E AGORA, QUE IMOS FACER CO MURAL?
AXIÑA UN NENO TIVO UNHA FERMOSA IDEA: - PODÍAMOS ENSINÁRLLELO AOS NOSOS PAIS!!
O RESTO DA CLASE APROBAMOS A IDEA. ACTO SEGUIDO PREPARAMOS (CON TODO O TRABALLO QUE CONLEVA) UN CARTEL E UNHAS INVITACIÓNS ANUNCIANDO A EXPOSICIÓN. AQUÍ DEIXAMOS ÁMBALAS DÚAS COUSAS.

*INVITACIÓN:
 

*CARTEL ANUNCIANTE:

ESPERÁMOSVOS!!!


GRAN MURAL!!

POUCO A POUCO FOMOS COMPLETANDO O MURAL. OBSERVADE CANTA INFORMACIÓN RECOPILAMOS!!



E TAMÉN IMOS REMATANDO O NOSO LAPBOOK!!




A REVISTA ESCOLAR

LEMBRADES AS MARIONETAS QUE FIXÉRAMOS?


POIS..., NA REVISTA ESCOLAR "FALA O SINDE" PUBLICAMOS O NOME QUE LLE PUXEMOS E CADA NEN@ EXPLICA CON QUE MATERIAL A ELABOROU.
DEIXAMOS AQUÍ UN AVANCE DA REVISTA.

 
 

PODEDES VER A REVISTA ENTEIRA NO SEGUINTE ENLACE:

OBRA DE PAUL KLEE

Ó MESMO TEMPO QUE INVESTIGAMOS SOBRE AS CASAS, SEGUIMOS TRABALLANDO A PAUL KLEE. NESTE CASO INTERPRETAMOS OS SEUS CADROS E, CON CADA UN DELES, DESCUBRIMOS COUSAS DOS NOSOS COMPAÑEIROS.
A CONTINUACIÓN DEIXAMOS ALGÚN EXEMPLO!

* CON ESTE CADRO TRABALLAMOS OS SENTIMENTOS:

 

 E, DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS QUE NOS DAN MEDO!!


 



* CON ESTE OUTRO TRABALLAMOS AS CORES:

 

 E DESCUBRIMOS CAL É A COR PREFERIDA DOS NOSOS COMPAÑEIROS!!

  

 




mércores, 14 de xuño de 2017

TRABALLO EN EQUIPO (TRABALLO COOPERATIVO)

DESPOIS DE INDAGAR UN DOS LIBROS QUE ATOPAMOS EN BIBLIOSINDE ELABORAMOS UN LIBRO INDIVIDUAL SOBRE AS PARTES DA CASA.
DÍAS MÁIS TARDE REALIZAMOS A MESMA TAREFA PERO, NESTE CASO, CO TRABALLO COOPERATIVO. 
DESCUBRIMOS QUE O RESULTADO DO TRABALLO É MOITO MÁIS COMPLETO CANDO TRABALLAMOS EN EQUIPO!!

 

 

  


 

ESTAS FORON AS PARTES DA CASA QUE ELABORAMOS CO "FOLIO XIRATORIO". TEÑEN TODO TIPO DE DETALLES!!