sábado, 10 de xuño de 2017

E ASÍ COMEZOU O PROXECTO NA AULA DE 4 ANOS...

Á VOLTA DAS VACACIÓNS DE NADAL ATOPÁMONOS CON ESTE CADRO NA MESA DA ENTRADA DA AULA.


NADA MÁIS VELO, XURDIU UN PEQUENO DEBATE E CON EL CHEGARON ÁS DÚBIDAS!!!

E... DESPOIS DO DEBATE CONCRETAMOS O QUE QUERÍAMOS SABER E ONDE PODERÍAMOS BUSCAR A INFORMACIÓN


mércores, 26 de abril de 2017


 
                 

 RETRATO DE DALÍ

 En plástica o alumnado de segundo fixo unhos reloxos brandos,moi parecidos aos de Dalí.



xoves, 23 de marzo de 2017

LOGOTIPO DE: APRENDENDO SEN DESCANSO

O equipo TIC do cole escolleu como logotipo para o proxecto "Plasticamente todo" o deseño creado por Helena de 5º primaria. Parabéns a Helena e moitas grazas a todas as familias participantes!

venres, 17 de marzo de 2017

Empezamos a buscar información sobre Dalí, e xa sabemos moitas cousas.

O seguinte paso será facer a súa biografia con todo o que aprendemos.





Concurso de logos

Estes son os logos que participan no concurso. Moi pronto coñeceremos o escollido. Moitas grazas por colaborar:


 




luns, 27 de febreiro de 2017

Fixemos o disfrace de reloxo de bolsillo,investigamos sobre estes reloxos ,os números romanos, experimentamos con reloxos e puxemonos man a obra.




luns, 6 de febreiro de 2017

CANCIÓN DE MECANO

Xa sabemos quen é o autor do cadro: EUGENIO SALVADOR DALÍ

Queremos saber quen era, como era, onde vivía....

Para ir coñecéndoo escoitamos a canción de Mecano que fala del.

                                                              EUGENIO SALVADOR DALÍ